FADEMUR abre o prazo de inscrición no primeiro curso de pilotaxe de dron en Galicia

 In Uncategorized

– A escola itinerante de pilotaxe de dons ‘FADEMUR Vuela’ aterrará en Galicia o vindeiro 25 de maio.

– Nela poderán formarse de balde mulleres rurais desta rexión.

– A escola enmárcase no Plan Allen Rural, un programa co que FADEMUR procura mellorar a situación laboral de máis de 1.000 mulleres rurais de toda España.

– Pincha aquí para inscribirte neste curso antes do 21 de maio.

– Pincha aquí para ler esta información en castelá.

Tras aterrar noutras cinco rexións, a escola ambulante de pilotaxe de drons para mulleres rurais ‘FADEMUR Vuela’ chega a Galicia este mes de maio grazas á súa  impulsora, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR).

Neste primeiro curso que FADEMUR celebra en Galicia poderán participar un total de 25 mulleres do medio rural de Galicia, preferentemente aquelas que estean en situación de desemprego e as empregadas en explotacións agrícolas ou gandeiras nas que queiran aplicar o uso de drons.

O curso servirá ás participantes para obter a titulación de pilotas a distancia de UAS/drons en categoría aberta, A1/A3, A2 e STS01 e STS02 certificado pola AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea). Ademais, tamén obterán a certificación de Fotogrametría, que proporciona as técnicas para obter mapas e planos de grandes extensións de terreo por medio da fotografía aérea.

A formación impartirase de maneira online na súa meirande parte, con sesións prácticas e exames presenciais que se realizarán despois de seis semanas de instrución teórica. Unha vez remate esta primeira parte, as mulleres optarán a unha especialización, tamén gratuíta, en drons para agricultura de precisión ou en drons con fins audiovisuais. En total, o curso completo supón 80 horas de formación.

As mulleres interesadas en participar so teñen que completar e enviar o formulario online habilitado pola organización. A Federación pechará o período de solicitude o próximo día 21 de maio. Posteriormente, FADEMUR contactará coas 25 mulleres seleccionadas do total de inscritas para realizar a formación.

A escola ‘FADEMUR Vuela’ no ‘Plan Allen Rural’

Para lanzar a súa escola de pilotaxe de dron, FADEMUR aliouse coa academia Advanced Smart Robotics (ASR-Formación), da empresa Pirineos Drone. Tamén con IKEA, compañía cuxo apoio permitiu a FADEMUR lanzar a escola xunto con outras iniciativas enmarcadas no ‘Plan Allen Rural’.

Este é un programa co que a organización cumprirá un ambicioso obxectivo: mellorar a situación de máis de 1.000 mulleres de toda España no sector agroalimentario e no ámbito rural. Pola súa parte, cos cursos de ‘FADEMUR Vuela’, a Federación formará a 500 mulleres rurais de dez comunidades autónomas durante 2023 e 2024.

Ademais da formación en pilotaxe de dron, o ‘Plan Allen Rural’ de FADEMUR tamén axuda ás mulleres agricultoras e gandeiras na transición ecolóxica das súas explotacións, a mellorar a comercialización dos seus produtos, a complementar os seus proxectos con iniciativas de agroturismo e a avanzar na dixitalización dos seus negocios, entre outras cuestións.

En conxunto, as actividades do Plan Allen Rural mellorarán a posición das mulleres dos pobos no mercado laboral e, por outra banda, sumarán a contribución destas a unha produción nacional máis sustentábel.

Recommended Posts
Contacta con nosotras

Contacta con nosotras.

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search